Menú

UGT, CCOO e CSIF solicitan a convocatoria da Mesa Xeral de Empregados Públicos

Os sindicatos UGT, CCOO e CISF Galicia solicitaron por escrito no rexistro da Xunta a convocatoria urxente da Mesa Xeral de Empregados Públicos co obxectivo de iniciar as negociacións necesarias para acadar un acordo que permita situar as retribucións do persoal funcionario e laboral, cando menos, na media do conxunto das comunidades autónomas.

No escrito dirixido ao conselleiro de Facenda, as organizacións sindicais explican que o persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia está situado nos últimos postos dos empregados públicos peor retribuídos do conxunto das comunidades autónomas.

No documento adxunto, tedes a carta enviada.

 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA