Menú

FeSP-UGT esixe a Xunta o cumprimento do acordo asinado cos sindicatos

Na proposta de ampliación do plan de estabilidade, a Xunta non contempla trasladar o II Acordo de mellora do emprego público e condicións de traballo do 9 de marzo.

A proposta da Xunta non contempla a adaptación completa do II Acordo estatal de 9 de marzo de 2018, en materia de condicións de traballo: xornada, conciliación, igualdade, incapacidade temporal, formación...

FeSP-UGT Galicia considera preciso o cumprimento das obrigas contempladas no acordo Xunta-Sindicatos e esixe:

- Un proceso de negociación real de recuperación de emprego, salarios e dereitos xeral que habilite a negociación sectorial.

- Aplicación do incremento básico e común e negociación global e sectorial das contías dos fondos adicionais anuais.

- Procesos de estabilización de oferta ordinaria de emprego público e de carreira administrativa, cunha calendarización precisa e unha simplificación e adecuación de probas aos postos e funcións.

- Redución da xornada ordinaria ata as 35 horas semanais ou final de vixencia e sectorialmente adaptación precisa para a aplicación da redución equivalente.

- Plan de Igualdade e medidas de conciliación e corresponsabilidade, bolsa de 5% horas entre outras.

- Restitución do 100% do complemento de IT, plenamente efectivo en 2018.

Tedes toda a información no Informa-t

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA