Menú

APLICACIÓN DO INCREMENTO SALARIAL DO 1,5% A TODO O PERSOAL DEPENDENTE DA XUNTA DE GALICIA, DENDE XANEIRO 2018

O DOG do 13 de xullo de 2018 publica a ORDE do 10 de xullo de 2018 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2018 e se actualiza, con efectos do 1 de xaneiro de 2018, a contía das retribucións.
 
A disposición adicional décimo cuarta da Lei 8/2017 establece que as condicións retributivas do persoal ao servizo do sector público autonómico deberán adecuarse ás normas que, con carácter básico, se inclúan na Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018.
 
O artigo 18 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018 establece que, para o ano 2018, as retribucións do persoal ao servizo do sector público non poderán experimentar un incremento global superior ao 1,5 % respecto as vixentes en 31 de decembro de 2017, en termos de homoxeneidade para os dous períodos da comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal como á súa antigüidade.
 
Establece, ademais, que se o incremento do produto interior bruto (PIB) a prezos constantes en 2017 alcanzase ou superase o 3,1 % engadiríase, con efectos do 1 de xullo de 2018, outro 0,25 % de incremento salarial. Este incremento será de aplicación unha vez que se aprobe mediante Acordo do Consello de Ministros e se dea traslado as comunidades autónomas.
 
A Xunta de Galicia publica textualmente nesta orde o seguinte: “Na medida en que a referida aprobación e comunicación non tivo lugar, esta orde recolle a variación nas condicións retributivas que se establecen nos orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, na contía do 1,5 % con efectos do 1 de xaneiro de 2018.
 
Posteriormente, realizarase a actualización desta orde para a aplicación desde o 1 de xullo de 2018 do incremento adicional do 0,25 %.” .
 
FeSP UGT Galicia reitera que debería terse reunido a Mesa xeral de empregadas e empregados públicos para trasladar o II Acordo estatal, como se está a facer en outras Comunidades Autónomas.
 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA