Menú

Oferta de Emprego Público na Administración Xeral do Estado

No Boletín Oficial do Estado de hoxe 31 de xullo aparece publicado o Real Decreto 955/2018, de 27 de xullo, polo que se aproba a  Oferta de Emprego Público para o ano 2018. Serán un total de 10.501 prazas de turno libre e 6.000 de promoción interna.

Este foi o acordo adoptado o pasado 23 de xullo na Mesa Xeral de Negociación da Administración Xeral do Estado  en materia de Emprego Público, avanzando no cumprimento dos obxectivos que se estableceron no Acordo do 9 de marzo.
 
UGT valora positivamente este acordo en tanto que resulta satisfactorio para os servizos públicos, para as empregadas e empregados públicos e para o conxunto da cidadanía.
 
No enlace tedes o Real Decreto publicado no BOE no día de hoxe.
 

 

 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA