Menú

Os axentes ambientais e forestais mobilizaranse o mércores 22 de agosto en Vigo en defensa do patrimonio natural galego

O comité de Folga (CIG e UGT) dos Axentes Ambientais e Forestais de Galicia, en paro indefinido dende o pasado 1 de agosto para reclamar un acordo laboral que regule as súas condicións de traballo, convoca unha manifestación na defensa do patrimonio natural galego este mércores 22 desde a Praza dos Cabalos de Vigo, as 19:00 horas.

Con esta marcha, que rematará a carón da estatua de Xulio Verne, na rúa As Avenidas, os/as traballadores/as públicos/as queren reivindicar tamén a labor de defensa e custodia dos nosos valores naturais que desenvolven no seu día a día e reclamar uns servizos públicos de calidade, así como a dignificación e profesionalización dos axentes medioambientais e dos traballadores/as forestais.

Dende o colectivo de axentes ambientais e forestais fan un chamamento a organizacións ecoloxistas, comunidades de montes, entidades na defensa do medio natural e ao conxunto da cidadanía a participar na mobilización para reivindicar “un rural e un monte vivos, porque o noso medio ambiente pide axuda”.

 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA