Menú

FeSP-UGT, NO INICIO DO CURSO ESCOLAR, INSTA Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN A QUE RESTITÚA OS DEREITOS PERDIDOS DO PROFESORADO GALEGO

FeSP-UGT fixo, en rolda de prensa, unha valoración da situación do ensino galego xusto antes do inicio do curso escolar 2018/19.
Neste análise destacouse que "os orzamentos son insuficientes para compensar os fortes recortes sufridos no ano 2008" e todo isto amosa "a pouca importancia que o Goberno Galego da ao ensino".
 
ORZAMENTOS INSUFICIENTES E SUPRESIÓN DE UNIDADES
 
A Xunta, segundo os Orzamentos de 2018, o orzamento previsto para educación para Galicia medra no 2%, pero este incremento segue sendo totalmente insuficiente para compensar os fortes recortes dos últimos anos; xa que aínda seguimos en contías moi inferiores ao ano 2008. Estamos a falar dun importe inferior ao ano 2008 en 2.281 millóns de euros. A FeSP-UGT lamenta esta política restristiva da Xunta de Galicia que volve a deixar entrever a pouca importancia que lle dá ao ensino.
 
No documento adxunto, tedes todas as reivindicacións de FeSP-UGT.
 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA