Menú

Informa-t: O persoal laboral e funcionario, discriminados en materia de traslados e ofertas de emprego, incrementos retributivos e recuperación de dereitos

A inacción da Función Pública de Galicia na resolución de procesos de provisión e selección (Concursos e OPEs), en materia de incrementos retributivos adicionais e de recuperación de dereitos (IT, xornada...), supoñen unha grave discriminación do persoal laboral e funcionario co resto de persoal dependente da Xunta de Galicia e co resto do persoal de outras Comunidades Autónomas.
 
FeSP-UGT quere recordar e reiterar as demandas que leva facendo o sindicato e que de xeito continuo caen no saco roto e sen fondo desta Administración e que levan a unha parálise total de todo tipo de procesos, como por exemplo:
 
Concurso de traslados de persoal laboral (paralizado e sen concurso desde 2012).
Concurso de traslados de persoal funcionario: a promesa de concurso aberto e permanente, non só se viu truncada senón que ademais por primeira vez se vai a permitir a acumulación de concursantes na próxima convocatoria, que sabe dios cando sairá. 
OPEs: 2015 a punto de caducar, 2016 sen desenvolver na súa totalidade, 2017 sen negociar, 2018 nin se sabe. Estabilización de emprego: nada  escrito solo promesas de envío dun buzón de postos desde hai xa máis de 4 meses.
Funcionarización: nin decreto, nin bases, nin nada máis que anuncios propagandísticos, que o único que xeran son desconfianzas entre o persoal.
Procesos de refundición de categorías de persoal laboral: ao parecer para poder facilitar o concurso de laborais, polo tanto nin refunden nin fan concurso, boa escusa...
Permutas de persoal interino e temporal: tratamento diferenciado do persoal segundo en que Consellería prestes servizo, permitíndoas en ensino aos docentes interinos e negándoas ao resto de temporais e interinos da Administración Xeral.
Decreto de listas de contratación: previsións que case xa son históricas de modificacións dun decreto con serias carencias a todas luces ineficaz.
Acordo de mellora de emprego e condicións de traballo: paralizado na súa negociación debido á incapacidade da Xunta de poñer encima da mesa o mandato de desenvolvemento que establecía o Acordo asinado por FeSP-UGT en marzo no ámbito estatal. O persoal funcionario e laboral carece de incrementos retributivos adicionais en termos homoxéneos co resto de persoal de Sergas, Ensino e Xustiza.
Aplicación de recortes da Lei 1/2012: continúan ano tras ano, consolidando a temporalidade da norma e as súas repercusións no persoal.
 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA