Menú

FeSP-UGT esixe un novo contrato de relevo e xubilación parcial aos 61 anos do persoal laboral, funcionariado e estatutario

As traballadoras e traballadores de todos os sectores produtivos viron recortadas as súas condicións de acceso á xubilación parcial dunha forma moi negativa trala publicación do Real Decreto Lei 5/2013, que cambiaba as condicións de acceso á xubilación parcial. No obstante e grazas á sinatura de convenios nas empresas - a que se refire á Disposición Transitoria cuarta apartado 5 da Lei Xeral da Seguridade Social- pódese seguir aplicando a lexislación anterior, pero únicamente ata o 31 de decembro de 2018.

UGT leva moito tempo defendendo un contrato de relevo que sirva como ponte á xubilación, que xere oportunidades ás persoas desempregadas e que sirva para renovar os cadros de persoal dependente de todas as Administracións públicas.

Podedes consultar todo o Informa-t no seguinte enlace.

 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA