Menú

Devolución do IRPF por maternidade

O Tribunal Supremo determinou que as prestacións públicas por maternidade da Seguridade Social que perciben as nais traballadoras (ou pais aos que se lles ceda parte dese permiso) durante a baixa de 16 semanas tras o nacemento dun fillo, están exentas do IRPF, en contra do criterio que hasta agora mantiña a Axencia Tributaria.

Isto supón que miles de nais e pais poden solicitar a devolución do tributado por esta prestación durante os anos 2014, 2015, 2016 e 2017  (as  declaracións prescriben aos catro años).

Como solicitar a devolución do IRPF por maternidade?

  1. Encher o escrito de solicitude de rectificación de autoliquidación e devolución de ingresos indebidos do exercicio en que se percibiu a prestación. (podes descargar aquí o documento e cubrilo: https://bit.ly/2E4NnBb)
  2. Presentar o escrito por duplicado (débenche entregar un a ti coa data de recepción selado) na Axencia Tributaria, xunto cunha fotocopia da declaración e dos datos fiscais do exercicio que reclamas (si non tiveras copias das declaraciónse dos documentos, a Axencia Tributaria pode e debe facilitarchos).
  3. Si o neno ou nena naceu no último trimestre do ano, é posible que se cobrara a prestación en dous exercicios distintos e nese caso deberás solicitar a rectificación de ambos exercicios

Podes leer todo o Informa-t neste enlace

Máis información na túa sede de UGT

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA