Menú

Desconvocada a folga de axentes forestais e medioambientais tras chegar a un acordo coa Administración

A folga dos axentes forestais e medioambientais quedou desconvocada no día de hoxe, despois de que o comité de folga alcanzara un acordo coa Administración na reunión celebrada o pasado día 5 de outubro. Hoxe tivo lugar o acto da sinatura do acordo. Os acordos son os seguintes:

- Segunda actividade similar aos bombeiros forestais.

- Instarán ao estudo dos coeficientes redactores ao Goberno Central.

- Dous días de compensación por festivo realizado. -Farase unha regulación posterior para os axentes das Illas Atlánticas, mentres esta non sexa aprobada. Gozarán dunha media axuda de custo por manutención por día de traballo.

- Posibilidade de abrir a xornada máxima a 35 horas semanais (1.554 horas/ano). - Efectos económicos en relación a gardas e axudas de custo por manutención a efectos do 1 de xaneiro de 2018.

- Mobilidade funcional voluntaria (artigo 100 LEPG).

- Os dous meses de período extraordinario para os axentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda serán específicamente para competencias propias. - Os festivos e os fins de semana localizables terán a mesma consideración en días libres que os de traballo efectivo.

Acordo

 

 

 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA