Menú

III Conferencia da Muller "Agora Nós"

O 7 e 8 de Novembro celebrouse en Madrid a III Conferencia de Muller de  FeSP-UGT cuxo título, AGORA NÓS, co obxectivo de sinalar a igualdade de dereitos entre homes e mulleres como característica irrenunciable da nosa sociedade.

Na conferencia inaugural "Retos e desafíos dos servizos públicos para a igualdade" participou a secretaria xeral de FeSP-UGT Galicia, Delia Irene Martínez, que actuou como presentadora. As xornadas foron un éxito de participación e de contido, no que a muller volveu a amosar a súa forza e a necesidade de que ocupe o lugar que lle corresponde para avanzar na consecución dunha sociedade xusta e sen violencia.

Dende o sindicato xa se anunciou que se relanzará, outra vez, a partir de hoxe 10 de novembro, a  campaña “Eu traballo gratis”, que pretende concienciar, en primeiro lugar, a todos os traballadores e traballadoras sobre esta discriminación por razón de sexo, que ten unha repercusión severa nos salarios das mulleres e que se acentúa aínda máis tras a xubilación, provocando que unha elevada porcentaxe de mulleres -que tiveron un emprego ao longo de toda a súa vida- teñan pensións máis baixas e pasen a estar en risco de pobreza.

Vídeo

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA