Menú

Aberta a convocatoria para a sétima edición dos Premios á Innovación Educativa Escola Viva

O Sector de Ensino de FeSP-UGT Galicia e Escola Viva anunciaron hoxe en rolda de prensa a convocatoria da sétima edición do Premio á Innovación Educativa, organizados por ambas entidades. O prazo para a presentación dos traballos queda aberto dende mañá 22 de novembro ata o próximo día 23 de abril de 2019.

O presidente da asociación Escola Viva, Raúl Gómez Farto, e o secretario de organización da FeSP-UGT Galicia, Felipe Balboa,  presentaron hoxe estes premios, que alcanzan a súa sétima edición e que teñen como obxectivo “recoñecer o labor daqueles docentes que levan a cabo experiencias didácticas innovadoras nos seus centros, co fin de mellorar a formación do seu alumnado”.

Todos os interesados poderán presentar os seus traballos dende xa ata o próximo día 23 de abril, no que remata o prazo. A resolución  do xurado –composto por cinco docentes con experiencia contrastada no eido da innovación educativa– darase a coñecer o 9 de maio. Poderán presentarse a este premio profesores de Educación Infantil e Primaria, Educación Secundaria, Ensinanzas Artísticas e de Réxime especial e Formación Profesional de centros públicos e concertados.

O primeiro premio terá unha contía de 2.000 euros, mentres que o segundo recibirá 1.000 euros. O xurado tamén poderá outorgar mencións honoríficas, sen dotación económica. Os traballos educativos que se presenten ao devandito premio deberán versar sobre os seguintes ámbitos: aprendizaxe participativo e colaborativo, atención á diversidade, convivencia, educación ambiental, TICs, linguas estranxeiras e ensinanzas artísticas.

Sexta edición.O proxecto “Quen vive aí?”, de María C. Abeijón Arnejo, do CEIP Cardeal Quiroga Palacios de Santiago de Compostela (A Coruña), acadou o primeiro premio á Innovación Educativa 2018, mentres que o segundo premio foi para “CreaRVigo” de Manuel Porteiro Rives, do CEP Santa Tegra de Vigo.

Bases

Cartel

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA