Menú

Informa-t: A Administración achega o borrador de OPE 2018 para alegacións

A Xunta de Galicia remitiu o borrador do Decreto da Oferta Pública de Emprego de 2018, para a presentación de alegacións ata o vindeiro xoves, 29 de novembro de 2018 ás 14 horas. Sen prexuízo de continuar negociando o acordo de mellora do emprego público.
 
Para FeSP-UGT:
- A OPE non traspón o Acordo estatal asinado por FeSP-UGT de estabilización de emprego.
- O número de 2176 prazas semella insuficiente, máxime cando non contextualiza os tres exercicios orzamentarios do Acordo que permitan facer unha valoración global do procesos de estabilidade, promoción interna e mobilidade. 
- Manifesta xeneralidades con respecto a axilidade, calendarios, temarios, simplificación dos procesos.
 Solicitamos ampliación de prazas no cómputo global dos 3 anos do Acordo, negociación sobre a temporalidade dos procesos con calendarios concretos, así como das probas selectivas a realizar e a valoración dos méritos.
- Na funcionarización segue a faltar a norma que regule e outorgue seguridade xurídica ao procedemento.
 
Resumo do borrador de decreto:
De acordo coa LPGE do ano 2018 procederase, á incorporación de novo persoal con suxeición ás limitacións e requisitos establecidos nesa norma, aplicando unha taxa de reposición do 100% e adicionalmente un 8%.
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA