Menú

FeSP-UGT Galicia valora positivamente a oferta de Emprego Público da Xunta

O sindicato valora positivamente a Oferta de Emprego Público da Administración xeral da Xunta de Galicia que coa transposición do Acordo estatal, permite que desde o inicio da crise se xere emprego público neto (108%), triplicando a oferta de anos anteriores, e iniciar os procesos de consolidación e estabilización que teñen o obxectivo de redución ao 7% do emprego temporal. 
 
Coas as achegas e aportacións  de FeSP-UGT conformouse un amplo proceso de provisión-selección 2018-2020 e un Acordo de garantías de desenvolvemento, no que se fomenta a promoción interna con mais do 40% de prazas sobre as convocadas a acceso libre e se garantan os concursos de traslados, ademais iniciase a funcionarización voluntaria do persoal laboral fixo con garantías retributivas no mesmo posto de traballo. 
 
O sindicato demandou durante a negociación dos últimos meses, un documento de Acordo anexo ao Decreto de OPE 2018, no que se establecesen as garantías esenciais sobre prazas mínimas, simplificación de probas e unificación de convocatorias, redución de temarios, baremación de méritos, condicións de fomento de promoción interna diferenciada, garantías de funcionarización voluntaria e retribucións consolidadas. O proceso desenvolverase con tres convocatorias ordinarias de OPE e dúas extraordinarias.
 
Este Acordo de garantías de desenvolvemento de OPEs ordinarias e extraordinarias 2018-202 da continuidade, ao relativo á recuperación do 100% das retribucións no caso de IT tramitado a través da Lei de Orzamentos. Todo elo, froito do II Acordo Estatal de mellora do Emprego Público asinado en Madrid.
 
A FeSP-UGT condicionou tamén a negociación doutras reivindicacións en materia de condicións de traballo, carreira profesional ou incrementos de recuperación de poder adquisitivo do persoal da Administración xeral, incrementos xa acordados en persoal docente, de sanidade pública e xustiza, para completar o que debería ser o Acordo galego de mellora de emprego e condicións laborais no emprego público en Galicia.

 

Resumo das liñas xerais do Acordo:

  • Estabilización do persoal indefinido non fixo, do persoal do Consorcio e do persoal do SPDCIF.
  • Procesos para permitir a mobilidade dos empregados públicos (concursos de traslados).
  • Incremento de prazas de promoción interna OPE 2018, 50 prazas sobre as iniciais, total 200 (20 do A1, 60 do A2, 95 do C1 e 25 do C2). Igual porcentaxe do 40% nas OPES 2019 e 2020. Reducir temario e probas selectivas respecto aos procesos de acceso libre, así como gardar notas para as seguintes probas.
  • Axilización e simplificaciónde todos os procesos: procuraranse tribunais únicos agrupando procesos similares dentro do mesmo corpo, escala, especialidade, en concreto as prazas dos Anexos I, II, III do Decreto de OPE de 2018.
  • Con carácter xeral os procesos selectivos desenvolveranse mediante a modalidade de concurso-oposición: 60%-40%, en méritos: 35% (antigüidade), 5% (formación).
  • OPEs extraordinarias en 2019 e 2020, de ser necesario para acadar os obxectivos previstos nos Acordos asinados.
  • Axilización e simplificaciónde todos os procesos: procuraranse tribunais únicos agrupando procesos similares dentro do mesmo corpo, escala, especialidade, en concreto as prazas dos Anexos I, II, III do Decreto de OPE de 2018.
  • Con carácter xeral os procesos selectivos desenvolveranse mediante a modalidade de concurso-oposición: 60%-40%, en méritos: 35% (antigüidade), 5% (formación).
  • OPEs extraordinarias en 2019 e 2020, de ser necesario para acadar os obxectivos previstos nos Acordos asinados.
  • Funcionarización:

-Voluntaria e no mesmo posto de traballo.

-Complemento mensual de funcionarización de garantía e mantemento das retribucións, complemento nin compensable nin absorbible, salvo que se incrementen as retribucións complementarias deste persoal por algunha causa que non derive dos incrementos anuais que con carácter xeral establezan as leis de orzamentos.

           -Criterio de amplitude na inclusión de categorías a funcionarizar.


Nota de prensa

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA