Menú

FeSP-UGT e CCOO cualifican de insuficientes os incrementos retributivos que propón a Xunta para o persoal da Administración Xeral

Os sindicatos CCOO e FeSP-UGT valoran a última reunión celebrada hoxe, de negociación da transposición do Acordo estatal de mellora de emprego no ámbito da Administración Xeral da Xunta de Galicia, para o persoal laboral e funcionario,  recoñecendo os avances en materia de ofertas de emprego, promoción interna, restitución a IT o 100%, bolsa de horas de conciliación, mobilidade e funcionarización voluntaria,  pero rexeitan os atrancos en materia de incrementos retributivos adicionais en carreira profesional por ser moi inferiores aos aplicados no Sergas.
 
Os incrementos retributivos para o persoal funcionario da Administración Xeral que propón a Xunta en carreira profesional se percibirían en sete anos nos grupos B, C1 e C2, e agrupacións profesionais e en oito anos nos grupos A1 e A2, mentres que no Sergas se percibirían en catro anos, así mesmo na proposta de Xunta exclúese ao persoal laboral fixo e o persoal interino.
 
A negociación da proposta de garantías de desenvolvemento de OPEs ordinarias e extraordinarias 2018-202, xunto coa proposta de garantías de funcionarización voluntaria, dan continuidade, ao Acordo relativo á recuperación do 100% das retribucións no caso de IT tramitado a través da Lei de Orzamentos, e son froito da restitución do dereito a negociación colectiva habilitada co II Acordo Estatal de mellora do Emprego Público.
 
CCOO e a FeSP-UGT consideran que a Xunta de Galicia debería reconsiderar a súa oferta de incrementos adicionais resolvendo a discriminación do persoal funcionario e laboral da Administración Xeral, para desbloquear a negociación e completar o que debería ser o Acordo galego de mellora de emprego e condicións laborais en Galicia
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA