Menú

Informa-t: Comisión Superior de Persoal (27-12-18)

Na reunión da Comisión superior de persoal, continuación da Mesa xeral do día 26 de decembro, a Xunta presentou un documento único coa transposición do Acordo estatal de mellora de emprego e condicións laborais, criterios de desenvolvemento das OPEs, regulación da funcionarización voluntaria, e a aplicación dos fondos adicionais cos incrementos adicionais de todos os ámbitos sectoriais, e sinaladamente a dos incrementos do persoal da Administración xeral.

A proposta final da Xunta supón avances importantes e pode ser o Acordo de maior calado e transcendencia da Administración xeral, e así se recoñoceu por todas as partes que integran a Comisión superior de persoal, a petición de FeSP-UGT, non se agota a negociación de outras melloras como figurará na Acta e así se asumiu pola Xunta.
 
Hoxe se publica no BOE, o Real Decreto-ley 24/2018, de 21 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público. As nóminas do persoal empregado público dependentes de todas as Administracións públicas e do sector público terán un incremento do 2,25 % dende o 1 de xaneiro, o que se engadirá o 0,25 de cumprise as previsións de crecemento, como así foi xa en 2018. 
 
No documento adxunto tedes toda a información: Informa-t

 

 

 

 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA