Menú

A FESP-UGT ASINARÁ O ACORDO DE EMPREGO PÚBLICO COA XUNTA DE GALICIA PORQUE SUPÓN AVANCES IMPORTANTES EN RECUPERACIÓN DE EMPREGO, SALARIOS E DEREITOS

O Sindicato asinará o Acordo de mellora de emprego e condicións de traballo e retributivas do persoal da Xunta de Galicia supón avances importantes en recuperación de emprego, salarios e dereitos, restitúe a negociación colectiva e  se configura como instrumento vivo para mellorar as relacións laborais da Xunta de Galicia.
 
Froito da restitución da negociación colectiva co II Acordo Estatal de mellora do Emprego, levamos meses demandando un Acordo galego para recuperar emprego, dereitos e poder adquisitivo.  Despois de moitos meses de demandas e reunións, conformouse un Acordo de gran importancia para dereitos dos empregados e das empregadas públicos despois dos anos de recortes nos que soportaron unha gran parte do esforzo de austeridade levado a cabo na Xunta de Galicia.
 
 En materia de emprego non se atopan precedentes dun amplo proceso de provisión e selección destas características, para retornar a taxas de temporalidade menores ao 7% en tres anos, é un obxectivo realista e unha obriga nun servizo público de calidade, con taxa de reposición o 108% para novo acceso, ou a estabilización/consolidación de prazas en convocatorias únicas por concurso-oposición e coa maior valoración legal dos servizos prestados na fase de concurso e probas tipo test na fase de oposición, así como a garantía de promoción interna separada cun mínimo do 40% do total de prazas de acceso libre e exención de probas ou/e gardar notas de probas superadas, e garantía de concurso de traslados con toma de posesión coordinada con ingreso por ofertas de novo acceso e estabilización/consolidación.
 
En materia de dereitos, os avances concrétanse en recuperar o dereito ao 100% das retribucións en IT, abrir a negociación de xornadas ponderadas para persoal con quendas, noites ou especial penosidade, establecer unha bolsa do 5% de horas anuais recuperables para conciliación ou a redución do 50% da xornada no primeiro mes tras a incorporación ao posto de traballo despois de tratamentos de especial gravidade, así como recoñecer a aplicación da ampliación do permiso de paternidade cando se estableza a nivel estatal calquera instrumento normativo, e finalmente, comprométese ao estudo e propostas nos supostos de xubilación parcial cara a modificar a normativa estatal.
 
En materia de funcionarización de persoal laboral, dende unha posición compartida de todas as organizacións sindicais de avanzar cara un réxime xurídico único funcionarial, a esixencia da voluntariedade e as garantías reguladas centrou as nosas reivindicacións, recuperándose o complemento salarial nin compensable nin absorbible e a contía de laboral do primeiro trienio tras a funcionarización, que non se aplicaban dende 1989, así como garantías de modalidade de prestación de servizos, incorporación de oferta a ampla maioría das categorías, valoración de servizos a todos os efectos, e tendo en conta que é requisito legal para funcionarización superar unha proba selectiva, esta será con temarios reducidos e batería de preguntas  para facilitar a preparación en materias diferentes a esixidas nas probas de acceso.
 
No relativo a incrementos salariais adicionais, a primeira consideración é que non exclúe a ningún colectivo con aplicación dos fondos adicionais cos incrementos en todos os ámbitos sectoriais, e sinaladamente no do persoal da Administración Xeral, implementando a carreira profesional, e a segunda é que  se engaden os incrementos fixos do 2,25+0,25% en 2019 e 2+1% en 2020. 
 
Os incrementos salariais adicionais, non exclúen   a ningún colectivo da Administración xeral, e se suman os incrementos fixos do 2,25+0,25% en 2019 e 2+1% en 2020, previstos no II Acordo estatal , supoñen subidas entre o 1,8% e o 2,7% por  ano. Os incrementos totais serán do entorno do 4.50% en 2018 e do 5% en 2019, e nos seguintes anos se garante unha media dun 2% a maiores dos incrementos fixos que se apliquen con carácter xeral nas leis de orzamentos.
 
Os incrementos de carreira profesional da Administración xeral, serán graduais, en 5 anos (B,C1, C2 e agrupacións profesionais) ou 7 anos (A1 e A2) ,en concepto de carreira extraordinaria nos grao I e II, e se enlazará co grao III ordinario quedando comprometida a súa negociación. O persoal interino ou temporal accederá o grao inicial e o grao I ordinario, e o persoal non funcionarizable por razón de funcións ou descontinuidade de servizos garánteselles un incremento equivalente. 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA