Menú

EN IGUALDADE, AS COUSAS CLARAS: MÁIS SERVIZOS PÚBLICOS, MÁIS IGUALDADE

En UGT reivindicamos e actuamos de forma continua e firme para eliminar as situacións de desigualdade cara ás mulleres no ámbito no ámbito laboral e social. No ámbito laboral coa negociación dos convenios colectivos e os plans de igualdade das empresas, e no social reclamado políticas eficaces, con recursos, persoal e medios para que transformar a sociedade.
 
Foron moitas as mulleres, ao longo dos anos, que contribuíron e tiveron incidencia na acción sindical da UGT no ámbito laboral e social, decisivas nunha loita histórica que permitiu avances importantes, vencer resistencias das patronais e introducir políticas de protección social de corresponsabilidade e conciliación.
 
Un dos ámbitos laborais máis precarizados e feminizados é o das traballadoras de axuda no fogar, 250.000 en todo o Estado, e queremos poñer o foco e concienciar a sociedade para cambiar un modelo de organización de traballo por horas baseado na precariedade e baixos salario, por un novo modelo de calidade de servizo e a calidade de emprego. Acompañase un artigo publicado en Karishina​, revista dixital de muller e políticas sociais de FeSP-UGT, por Pepa Franco Rebollar, baseado no traballo de investigación realizado por Pepa Franco Rebollar e Blanca Ruíz, sobre o traballo das auxiliares de axuda no fogar.
 
Son moitos os retos en materia de igualdade real no sindicato, seguiremos avanzando na igualdade real percibida e reforzando esta loita común e inclusiva ante os movementos reaccionarios cuxo obxectivo prioritario é eliminar os importantes avances alcanzados. Este 8 de marzo de 2019, Día Internacional da muller traballadora, UGT convocamos folga en todas as empresas de mulleres e homes, con paro de 2 horas por quenda e cobertura de folga de 24 horas, e facemos un chamamento ás traballadoras e traballadores á participación activa nos paros e en actos, mobilizaciónes e manifestacións, en defensa da igualdade real, polos avances en dereitos e fronte a calquera risco e ameaza.
 
NIN
+
NIN
-
IGUAIS

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA