Menú

A subida salarial do 0,25% cobrarase con efectos do 1 de xullo, aínda que previsiblemente non se inclúa ata a nómina de agosto

O Ministerio de Política Territorial e Función Pública abordou hoxe cos sindicatos da Función Pública a aplicación do incremento variable correspondente ao exercicio de 2019, consistente nunha subida do 0,25% adicional ao incremento que, con carácter fixo, comezouse a aplicar o pasado 1 de xaneiro, polo que o incremento total alcanza, de momento, o 2,5%. O importe xeral deste incremento adicional supón, aproximadamente, 280 millóns de euros, cun impacto moi diverso na nómina de cada empregado público.
 
FeSP-UGT lembra que a medida é de obrigado cumprimento e afecta a todas as administracións públicas. Todas as administracións (Estado, CCAA, entidades locais) están obrigadas a abonar esta subida, ao estar suxeita, en exclusiva, a un criterio  macroecononómico de carácter estatal, como é o cumprimento do PIB.
 
Segundo os datos publicados polo INE, no mes de maio o  IPC foi do 0,8%, a recuperación de poder adquisitivo para o conxunto dos empregados públicos é, ata o momento do 1,7%, sen incluír a posible percepción de fondos adicionais para algúns colectivos. Esta recuperación era impensable fai tan só ano e medio, cando os empregados públicos sufriron conxelación salarial, recortes e, no mellor dos casos unha subida do 1%. 
 
Este subida é consecuencia da aplicación do II Acordo para a mellora do emprego público e as condicións de traballo, que contemplaba un incremento retributivo fixo e un variable vinculado a un crecemento do PIB igual ou superior ao 2,5%. O pasado mes de marzo, o Instituto Nacional de Estatística confirmou que a economía española crecera un 2,6% durante o ano pasado, polo que o Goberno debía contemplar a previsión feita no acordo.
 
O  Goberno comunicou que, previsiblemente, este incremento do 0,25% adicional incluirase na nómina de agosto, aínda que con efectos do 1 de xullo, cos atrasos correspondentes, para o conxunto de empregados públicos: funcionarios, estatutarios, docentes, laborais, de carreira, fixos, indefinidos, etc, e aplicarase sobre o conxunto das retribucións percibidas. 
 
 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA