Menú

A conselleira de Educación négase a negociar sobre o horario léctivo e as OOSS presentes na mesa sectorial planean mobilizacións

A conselleira Carmen Pomar manifestou hoxe a súa negativa rotunda a negociar sobre a recuperación dos horarios lectivos existentes antes dos recortes do ano 2011. Fíxoo no transcurso da reunión celebrada esta tarde con UGT e o resto das organizacións sindicais presentes na mesa sectorial de Educación, que van xuntas nesta reivindicación. Despois de máis de dúas horas de reunión, a conclusión é que a Administración non está disposta a negociar e as organizacións sindicais acudirán ás mobilizacións para esixir algo que é de xustiza para o profesorado galego.
 
A secretaria do sector de Ensino de FeSP-UGT, Paula Carreiro, expuxo na reunión coa conselleira e o seu equipo directivo que esta actitude lles parecía “un menosprezo á labor do profesorado. Na época dos recortes, se lles apertou o cinto ao máximo e despois, coa recuperación, os incrementos de orzamento van para outras partidas, deixando de lado ao profesorado”.
 
O argumento dos responsables da consellería de Educación é que non van negociar nada, ata que non se lles conceda un incremento orzamentario por parte do Goberno Central para implantalos. Curiosamente noutras comunidades recuperouse o horario lectivo sen modificación algunha no orzamento. Incluso, no transcurso da reunión, a Consellería recoñeceu que no caso de Primaria, apenas habería repercusión no orzamento, xa que “non se modificou a lei de catálogos”. Esta afirmación aínda fai máis incomprensible a postura da Consellería. 
 
Hai que recordar que as organizacións sindicais están a reclamar a recuperación dun horario lectivo recortado por Feijóo con anterioridade ao RD 14/2012, que vén de ser derrogado polo goberno do Estado. En concreto, demandábase a volta aos 18 períodos lectivos máximos en Secundaria e aos 21 en Primaria, un dereito que xa recuperaron 7 comunidades autónomas. Ademais, recobrar os horarios lectivos subtraídos non significará menos horas de traballo, senón de docencia.
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA