Menú

Concentración en San Caetano para esixir a recuperación do horario lectivo dos docentes

Hoxe tivo lugar a primeira mobilización para esixir a recuperación do horario lectivo do profesorado galego previo ao inicio da crise económica (18 horas en Secundaria e 21 en Primaria). Os delegados de FeSP-UGT Ensino e de todas as organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Ensino concentráronse en San Caetano e iniciaron desta forma a campaña de mobilizacións prevista, ante a negativa da Xunta a sentarse a negociar esta recuperación, senón chegaba a financiación do Goberno Central.
 
A seguinte mobilización celebrarase o próximo xoves 21 de novembro nas sete cidades galegas.
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA