Menú

FeSP-UGT gaña a primeira reclamación xudicial polo IPC Galego para os funcionarios de Xustiza

 
FeSP-UGT Galicia gañou a primeira reclamación xudicial presentada solicitando que se incluíse o concepto de IPC Galego na nómina dunha funcionaria de Xustiza, tal e como sucede con todos os demais funcionarios dependentes da Xunta. A sentencia aínda no é firme e pode ser recorrida ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pero dende o sector de Xustiza de FeSP-UGT Galicia consideramos que “é un paso importante para conseguir que todos os funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza destinados en Galicia perciban o IPC Galego e os atrasos correspondentes a 5 anos”.
 
En febreiro de 2019 UGT detectou que a Xunta de Galicia non incluía o concepto de IPC-GALEGO na nómina dos funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia, mentres que si llo abona a todos os demais funcionarios aos que retribúe. Esta situación propiciou que UGT iniciase a través dos seus delegados as correspondentes reclamacións administrativas no mes de marzo. Reclamacións que foron rexeitadas pola Dirección  Xeral de  Xustiza, polo que UGT acudiu á  vía xudicial, iniciando as pertinentes acciones legais. A finalidade das demandas é lograr que as sentenzas favorables poidan facer extensivo o seu fallo a todos os funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia, sen ningún custo para eles, facéndose cargo UGT  de todos os procedementos a través dos seus delegados.
 
O Xulgado do Contencioso núm. 1 de Vigo foi o primeiro en fallar e, “asumindo a reflexión contida na demanda presentada pola Delegada de UGT”, estima a demanda ao entender que se trata de corrixir unha situación de diferenciación do índice de prezos ao consumo, como compensación pola desviación que presenta en Galicia, cunha vixencia indefinida, e que afecta a todos os empregados públicos retribuídos pola Xunta de Galicia, entre os que se inclúe o persoal ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia, tal e como así se pon de manifesto nas Resolucións anuais polas que se ditan instrucións para a confección das súas nóminas, onde se inclúe expresamente ao persoal ao servizo da Administración de Xustiza destinado en Galicia, cuantificando as súas distintas retribucións.
 
 
 
 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA