Menú

ABERTA A CONVOCATORIA PARA A OITAVA EDICIÓN DO PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA ESCOLA VIVA

 
O Sector de Ensino de FeSP-UGT Galicia e Escola Viva convocan a oitava edición do Premio á Innovación Educativa, organizado por ambas entidades. O prazo para a presentación dos traballos queda aberto dende hoxe 4 de febreiro o próximo día 24 de abril de 2020.
 
O presidente da asociación Escola Viva, Raúl Gómez Farto, explicou que nas sete edicións anteriores participaron máis de 400 centros de toda Galicia e que con esta actividade “contribuimos á mellora do sistema educativo de Galicia”. O obxectivo destes premios é “recoñecer o labor daqueles docentes que levan a cabo experiencias didácticas innovadoras nos seus centros, co fin de mellorar a formación do seu alumnado”. 
 
Todos os interesados poderán presentar os seus traballos dende xa ata o próximo día 24 de abril, data na que remata o prazo. A resolución do xurado –composto por docentes con experiencia contrastada no eido da innovación educativa– darase a coñecer o 22 de maio. Poderán presentarse a este premio profesores de Educación Infantil e Primaria, Educación Secundaria, Ensinanzas Artísticas e de Réxime especial e Formación Profesional de centros públicos e concertados. 
 
O primeiro premio terá unha contía de 1.500 euros, mentres que o segundo recibirá 800 euros. O xurado tamén poderá outorgar mencións honoríficas, sen dotación económica. Os traballos educativos que se presenten ao devandito premio deberán versar sobre os seguintes ámbitos: aprendizaxe participativo e colaborativo, atención á diversidade, convivencia, educación ambiental, TICs, linguas estranxeiras e ensinanzas artísticas. 
 
No enlace tedes as bases.
 
 
Ano 2019. O traballo “Wiki de matemáticas” de Noemí Fernández Sampayo, do IES Auga da Laxe de Gondomar,  acadou o primeiro premio á Innovación Educativa Escola Viva 2019, mentres que o segundo premio foi para foi para o traballo "O reino animal", realizado polo profesorado do CEIP de Reboreda (Redondela).
 
 
 
 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA