Menú

Mensaxe de ánimo e apoio aos traballadores/ as, afiliados/afiliadas e delegados/ as

 
Pepe Álvarez diríxese, por carta, aos afiliados e afiliadas e delegados e delegadas de UGT para expresar a solidariedade e o apoio do sindicato ao seu labor e ofrecer todo o operativo da organización, para resolver os problemas dos traballadores e traballadoras e as súas dúbidas pola crise do Coronavirus
 
A Comisión Executiva Confederal de UGT, a través do seu Secretario Xeral, Pepe Álvarez, expresa o apoio incondicional do sindicato na defensa dos intereses e dereitos dos traballadores e traballadoras. “A emerxencia sanitaria provocada pola extensión do  COVID-19 en todo o mundo provocou unha situación que non ten precedentes e xera multitude de inseguridades de saúde, e tamén, económicas e laborais, por iso o sindicato está a traballar a pleno rendemento para atender as vosas necesidades”.
 
Neste sentido, infórmase que as sedes do sindicato permanecen operativas e púxose ao dispor das persoas traballadoras varios mecanismos para solucionar as súas dúbidas, contestar preguntas e explicar todas aquelas cuestións relacionadas coa declaración do Estado de Alarma.
 
Na web de UGT habilitouse un espazo destinado a dar información sobre o Coronavirus, onde se poden atopar os Reais Decretos aprobados polo Goberno, documentos de propostas para abordar esta situación e respostas a preguntas frecuentes ou protocolos de actuación.
 
Así mesmo, púxose en marcha un número de  whatsapp e  telegram para atender dúbidas e problemas laborais, á parte das canles habituais e as redes sociais, como Facebook, Twitter, etc.
 
Trátase de dar respostas, ao momento, ás situacións que se vaian derivando desta crise, especialmente no ámbito laboral.
 
Moitas das propostas de UGT xa foron recollidas nas medidas que aprobou o Goberno, pero o sindicato é consciente de que hai que seguir traballando protexer realmente a todas as persoas, especialmente aos colectivos máis vulnerables. Por iso, UGT seguirá demandando medidas para cubrir os baleiros de cobertura e protección que poidan ter as persoas.
 
Recoñecemento ao inestimable labor dos delegados e delegadas de UGT
 
UGT conta cun exército de máis de 87.000 delegados e delegadas sindicais que defenden día a día os dereitos dos traballadores e traballadoras deste país. “Sodes a vangarda do noso sindicato nas empresas, permanecedes vixiantes na defensa dos intereses da clase traballadora. Un labor na que non estades sós”.
 
Na carta a dirección sindical pide actuar de forma coordinada para loitar contra este virus e as súas consecuencias e reclama aos delegados e delegadas que continúen “sendo a punta de lanza da nosa organización para informar a todos os cidadáns e cidadás que así o requiran, para defender as súas reivindicacións e atender as súas necesidades”.
 
Ao mesmo tempo, recoñécese o “apoio incondicional e solidario de moitos de vós que estades a redobrar esforzos en sectores vitais nestes momentos, como o sanitario. Hai que lembrar que vos puxestes a disposición inmediata do Servizo Nacional de Saúde. O noso aplauso unánime a todos e a todas por esa tarefa”.
 
 
 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA