Menú

Publicaciones

Error: No articles to display

Instrucción Pacto 2013. Indisponibilidad, Formación continuada, Compatibilidade listas...

Na reunión da Comisión Central de Seguimento do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal celebrada en data 5 de xuño, adoptáronse os seguintes acordos:

Primeiro.- En previsión de posibles situacións de indispoñibilidade de aspirantes en determinadas áreas, para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía (matrón/a) para cubrir os bloques de vacacións e demais situacións, e mentras non se proceda a efectuar unha nova xeración de listas de tal categoría consonte a norma 11.4.3.1 do vixente Pacto, os chamamentos de aspirantes para a formalización de nomeamentos nas áreas afectadas efectuarase respectando a seguinte orde: 

 

En primeiro lugar, e de conformidade coa cláusula 11.5.1do vixente Pacto deberá acudirse ás listas das áreas de xestión máis próximas, conforme as áreas limitrofes que se establecen nos respectivos procesos de inscrición.

Non existindo aspirantes nas listas das áreas limítrofes efectuarase o chamamento a favor daqueles aspirantes que figurando inscritos no último proceso de inscrición convocado en tal categoría pola quenda de promoción profesional temporal, resultasen excluidos por non acreditar un ano na categoría de procedencia. O chamamento seguirá a orde que se determine en cada Comisión Periférica.

Manténdose a situación de indispoñibilidade logo da aplicación dos dous anteriores criterios, cada xerencia poderá acudir a aqueles profesionais do seu respectivo ámbito que estean en posesión do título de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía.

A orde de chamamentos exposta enténdese sen prexuízo dos acordos que dentro do marco e respectando os criterios e normas de xestión contidos no vixente Pacto se tivesen acadado nas respectivas Comisións Periféricas de Seguimento. 

 

Segundo.- Os calendarios e número de accións formativas a desenvolver por cada centro de xestión para dar efectividade á formación práctica especifica en áreas especiais prevista na cláusula 11.7do vixente Pacto deberán ser obxecto de análise e tratamento previos no órgano de representación do persoal do respectivo ámbito.

Terceiro.- Así mesmo, na reunión deste órgano, ao abeiro da actual regulación e a admisión definitiva das persoas aspirantes en ambas listas, ratifico use a compatibilidade, a efectos de chamamentos, das listas de áreas especiais e de curta duración da mesma categoría, de modo tal que:

As persoas aspirantes inscritas nas listas de curta duración serán chamadas de conformidade coa norma 111.9do Pacto para as vinculacións de duración igual ou superior a tres meses que Iles correspondan pola orde de prelación que ocupen na lista xeral.

As persoas aspirantes inscritas nas listas de curta duración que figuren ademais admitidas nalgunha/s área/s especiallis serán chamadas para a formalización de nomeamentos a realizar en tal/es área/s, de duración previsible non superior a 60 días, no de caso de que Iles corresponda pola orde de prelación que ocupan nesta última lista 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA