Menú

Publicaciones

Error: No articles to display

Instruccións Asistencia OPE FEAS. 2014

INSTRUCIÓN SOBRE A ASISTENCIA DOS/AS ASPIRANTES AOS EXERCICIOS DAS PROBAS SELECTIVAS DE FACULTATIVO/A ESPECIALISTA DE ÁREA E MÉDICO/A DE URXENCIAS HOSPITALARIAS

Está previsto que durante as fins de semana do próximo mes de abril teñan lugar os exercicios correspondentes aos procesos de selección de persoal estatutario fixo, licenciado sanitario, convocados por resolucións deste centro directivo do 30 de abril de 2013 (OOG nO91, do 14 de maio).

A normativa de aplicación ao devandito colectivo prevé a concesión de permisos retribuídos para concorrer a exames e probas selectivas, no ámbito do emprego público, durante os días da súa realización.

Porén, e coa finalidade de facilitar a asistencia ás referidas probas dos/das aspirantes que prestan servizos nas institucións sanitarias do organismo e nas entidades adscritas á Consellería de Sanidade, procede que as respectivas xerencias e entidades adopten, con base nas súas competencias, as medidas oportunas en orde a procurar que os/as aspirantes admitidos/as non teñan asignada actividade o día de celebración do exercicio.

Para estes efectos, entenderase por día de celebración o período que comprenda a xornada, quenda de traballo ou garda coincidente total ou parcialmente co horario da proba, a quenda anterior e a quenda posterior que se inicie o mesmo día.

Xa que logo, e de ser posible a adopción das citadas medidas, non concorrería o suposto de feito habilitante para a concesión dun permiso retribuído. En calquera caso, e de resultar necesaria a concesión deste, a súa duración entenderase nos mesmos termos do parágrafo anterior. 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA