Menú

Publicaciones

Error: No articles to display

ROLDA DE PRENSA BOMBEIROS: 17-04-2015

ANTECEDENTES:A Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, establece no seu artigo 26 que aqueles Concellos con máis de 20.000 habitantes deberán de contar con Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento propio. Para o resto de Concellos que non acaden esta poboación, a prestación do servizo dependerá das respectivas Deputacións, segundo establece o mesmo texto legal.

 

A realidade de Galicia pouco ten que ver cos requisitos que estipula a Lei. De feito atopamos únicamente servizos propios dependentes dos Concellos nas cidades galegas (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Vigo e Santiago). Nestes casos o persoal é dependente dos citados Concellos, normalmente baixo unha relación contractual de funcionario de carreira.

Outras vilas galegas, que acadan os 20.000 habitantes, comparten o custo do servizo coa Xunta de Galicia, polo que de deriva unha relación de dependencia, que limita a capacidade de actuación dos concellos implicados. Nestes casos encontramos a traballadores con contratos normalmente de persoal laboral, que traballan e dotacións moi reducidas.

A cifra de Bombeiros que dependen directamente da administración en Galicia, ronda os 450 efectivos, para prestar servizo a uns 15 concellos, que aglutinan en torno a 1.200.000 habitantes.

Para o resto de Concellos de Galicia (perto de 300) non son de xeito autónomo as Deputacións as que costean o servizo, senon que comparten este custo coa Xunta (no caso de Ourense, por exemplo a Deputación aporta o 37,5% e o resto a Xunta).

Isto conleva que as decisión sobre o modelo queden totalmente condicionadas dende o ente autonómico, que amosa dende sempre unha ampla predilección por privatizar os servizos públicos.

Deste xeito temos a 422 empregados que prestan servizo a 1.600.000 habitantes que se atopan espallados por 300 concellos. Pero o máis sangrante do asunto é que todos e cada un de estes bombeiros SON TRABALLADORES DE EMPRESAS PRIVADAS, que fan lucro empresarial da prestación do servizo á cidadanía.

page1image18840

As dificultades xeográficas do noso territorio, debidas a difícil orografía de Galicia, supón que estas empresas privadas teñan que operar dende multitude de centros ou Parques de Bombeiros, actualemente 23, espallados polas catro provincias, sendo a de A Coruña a máis beneficiada (13 deses 23). Isto supón un reparto do persoal (a todas luces insuficiente) que leva a facer equipos de traballo de 3 persoas, para atender a unha media de 13 concellos por parque. Algo insultante que deixa de manifesto a situación de vergoña que vivimos en Galicia, onde claramente se diferencia entre veciños de primeira, atendidos por funcionarios, de segunda, por persoal laboral, e de terceira, por empregados de empresas privadas.

Este clasismo tamén afecta aos bombeiros, que xunto coas reduccións dos cadrons de persoal, ven reducida a súa seguridade, que lóxicamente reprecute na seguridade da veciñanza á que atenden.

Con idea de resolver esta situación, a Xunta de Galicia publicou a Lei de Emerxencias de Galicia (Lei 5/2007), durante o goberno do bipartito (PSOE- BNG), que establecía unha serie de marcos legais que obrigaban á administración a correxir múltiples desviacións ou eivas dentro do sector de bombeiros, co fin de reorganizar o mapa de actuación e regularizar as condicións de traballo deste colectivo, de xeito que se traducira nun servizo máis efectivo e axceitado.

Lonxe disto, o goberno de PP evitou esta Lei de Emerxencias actuando totalmente na súa contra e creando todavía máis diferenzas no sector, implantando novos corpos con cargos a fondos europeos, cos que se tenta facer ver a poboación que persoal cunha formación de 70 horas, pode exercer as mesmas tarefas que calquera bombeiro profesional. Respetamos a todos eses traballadores que prestan os seus servizos nos Grupos de Emerxencias Supramunicipais, pero entendemos que a solución pasa por apostar polo incremento de persoal nos parques de bombeiros, ou por aumentar o número destes, garantindo a continuidade do servizo e non deixándoa exposta á renovación de fondos procedentes de Europa, que ademáis están sendo empregados de xeito cuestionable, pois deberían adicarse á limpeza e desbroce de montes.

Co fin de tentar resolver as diferenzas laborais e obter as melloras que precisa o sector e que tanto obvia a Xunta de Galicia, dende a Mesa Intersindical, tentouse facer en múltiples ocasións achegamentos á administración que desviou a atención sempre cara ás diferentes empresas xestoras. Isto supuxo problemas e enfrontamentos entre empresas e bombeiros de xestión privada, que viron arrebatadas as súas condicións laborais por mera imposición e mostra de poder. Despois de longos conflitos internos nas diferentes concesionarias, tentouse novamente acadar dentro do colectivo de xestión indirecta, unha homoxenización das condicións de traballo, a través dunha serie de xuntanzas nas que a parte empresarial tiña por obxecto únicamente dilatar os prazos.

Tras isto, a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia, modificou a súa folla de

ruta e dende entón centras os seus esforzos en acadar que se lle dea cumprimento á Lei de Emerxencias, especialmente no tocante á elaboración dun Estatuto do Bombeiro Profesional, que dea solución ás deficiencias que presenta o sector.

Neste camiño atopámonos coa Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia que ten por obxecto acadar o mesmo logro.

MANIFESTACIÓN:

Ó problema do intrusismo laboral que ben padecendo a nosa profesión ten como protagonista principal a privatización. Non falamos dalgo en potencia. Falamos dunha realidade que leva máis de unha década no noso territorio.

Esta é unha preocupación do colectivo de bombeiros a nivel estatal, que mira a Galicia con moita atención, co fin de evitar que o cancro que padecemos nesta comunidade poida pasar a metástase.

A Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia, co apoio da Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia e da Coordinadora Unitaria de Bomberos Profesionales, convoca unha manifestación en contra do modelo de xestión privada, para o vindeiro venres 15 de maio, que ten por lema a mensaxe “RESCÁTANOS”. Curiosamente, nesta ocasión somos os rescatadores os que precisamos axuda. Pero é únicamente baixo un sistema de xestión directa, no que os profesionais do sector entendemos que se podería prestar un servizo digno á cidadanía.

Ó percorrido escomezará no Estadio de San Lázaro, ás 11:00 horas, e chegará ata o Obradoiro a través do Camiño Francés, parando antes na sede da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior coa esperanza de que alguén saia a saudarnos.

Agárdase unha marea de bombeiros polas rúas de Compstela, procedentes de toda a xeografía española.

UNIÓN DO COLECTIVO:

Ante a adversidade a unión é a meirande das ferramentas de traballo. O noso colectivo dende sempre mostrou moita empatía cos problemas dos compañeiros, habendo importantes antecedentes de solidariedade ante causas inxustas. Póñase por exemplo a marea de apoio que recibiron dous bombeiros privados despedidos durante o recente conflito da concesionaria NATUTECNIA.

Esta unión dos bombeiros materialízase coa implicación crecente de múltiples colectivos. Sindicatos e Plataformas traballan arreo por acadar a fórmula precisa para darlle a volta a un sistema que está avocado ao fracaso.

É por isto que esta movilización que xurde aquí en Galicia será o comezo dun movemento a nivel estatal cun obxectivo común: a mellora do servizo que se presta á cidadanía.

CONTACTOS: MESA INTERSINDICAL:

Xan Caneda (Comisións Obreiras): 660 041 480
Alberto V. Mosconi (Unión Xeral de Traballadores): 606 329 881 Xabier Villar (Confederación Intersindical de Galiza): 609 055 766 José Luis Pareja (Sindicato Independende de Bombeiros de Galicia):
686 256 343

PLATAFORMA DE BOMBEIROS PÚBLICOS DE GALICIA:


Miguel Ucles: 622 553 331 (Parque de Bombeiros do Concello de Vigo) Jaime Tizón: 657 387 687 (Parque de Bombeiros do Concello de Santiago)

COORDINADORA UNITARIA DE BOMBEROS PROFESIONALES: Juan Carlos Bernabé: 625 151 011 (Andalucía)
Juan Carlos Prieto: 615 449 932 (Castela e León) 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA