Menú

Publicaciones

Error: No articles to display

FSP-UGT denuncia irregularidades na oferta pública de emprego do Sergas para médicos asistenciais do 061

NOTA DE PRENSA

 

O Sindicato tamén denuncia que dende o ano 2010 mantéñense na base de Foz seis nomeamentos eventuais de médicos e seis de persoal de enfermería

Santiago, 26 de novembro de 20151511.- A Federación galega de Servizos Públicos (FSP-UGT) denuncia irregularidades na oferta pública de emprego do Sergas para médicos asistenciais do 061, xa que se convocaron prazas que non saíron previamente a concurso de traslados, incumprindo así os acordos coas organizacións sindicais. Estes establecían que non se convocaría ningunha praza a oposición que previamente non saíse a concurso.

UGT denuncia que, tras infrutuosos intentos de corrixir 

esta situación, o Sergas prefire volver ás vellas prácticas de sacar as prazas á carta, cunha falta de transparencia total, demostrando un desprezo absoluto polos dereitos das persoas traballadoras á 

mobilidade e conciliación da vida familiar e laboral.

As irregularidades na xestión de persoal do 061 non terminan aí. UGT  denuncia  que desde o ano 2010 mantéñense na base de Foz 6 nomeamentos eventuais de 

médicos e 6 de persoal de enfermería, en prazas que non se crearon con carácter estrutural, polo que legalmente non existen. É por iso que o persoal carece de todo tipo de dereitos á estabilidade, mobilidade e conciliación.

UGT ESIXE QUE SE CONVOQUE UN CONCURSO INTERNO DE TRASLADOS PARA AS PRAZAS DE A CORUÑA E MOS E QUE SE CREN AS PRAZAS DA BASE DE FOZ

Por todo isto, o Sindicato esixe que se convoque un concurso interno de traslados para as prazas de A Coruña e Mos, que saen a oposición, e que se cren as prazas da base de Foz. Despois de cinco anos de funcionamento, o Sergas non pode manter por máis tempo esta situación irregular de contratación eventual. 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA