Menú

Publicaciones

Error: No articles to display

MOVILIZACIONS EN CONTRA DA OPE 2016 DO SERGAS

CONTRA A RIDICULA OFERTA DE PRAZAS OPE SERGAS

A crise económica vense de converter na escusa que se está a utilizar polo actual goberno para desmontar o noso sistema sanitario.

Aquelas persoas que cremos na Sanidade Pública, debemos amosar o noso rexeitamento, a nosa firme intención de defender o presente e o futuro desta sanidade que é de todos.

Os recortes en persoal, as condicións nas que se obriga a desenvolver a súa labor aos/ás traballadores/as do sistema, a falta de medios, cada vez mais acusada, son absolutamente intolerábeis, e non se poden permitir de ningún xeito, aínda menos cando ao mesmo tempo se presume da recuperación económica, ou dos datos de endebedamento da nosa comunidade.

Queremos. Exiximos unha oferta pública de emprego que recupere o 100% do que se nos ten quitado estes anos.

Queremos. Exiximos que se cubra con contratación estable a totalidade dos cadros de persoal, en todas as categorías.

Queremos. Exiximos, que a contratación cubra as necesidades reais do sistema e dos seus usuarios.

Queremos. Exiximos, que os contratos se realicen en condicións dignas, sen contratos a días alternos, ou por horas, ou de luns a venres, que non teñen xustificación posible.

 

Queremos. Exiximos a fin das prácticas privatizadoras, declaradas ou encubertas.

 

Queremos. Exiximos, a fin da agresión sistemática á Sanidade Pública, aos seus traballadores e traballadoras, á poboación á que atenden.

 

 

Para prestar unha asistencia sanitaria de calidade é fundamental dispoñer de persoal e medios axeitados, razón pola que os traballadores e traballadoras da Sanidade, coa axuda da cidadanía e goberne quen goberne, non pararemos ata recuperar a Sanidade Pública que foi cercenada baixo o pretexto da crise.   

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA