Menú

Publicaciones

Error: No articles to display

VALORACIÓN E ALEGACIÓNS DA FESP-UGT Á PROPOSTA DA XUNTA DE GALICIA PARA A EXTENSIÓN DO DEREITO A PERCIBIR A PAGA EXTRA PROPORCIONAL DO 1 DE XANEIRO AO 28 DE FEBREIRO DE 2013

Recibida a Proposta ás14.48 horas do día 27 de maio, co obxecto de ACORDO da Mesa Xeral da Función Pública para:
• “ a extensión do dereito a percibir o concepto retributivo adicional do artigo 12.3 da Lei 14/2006, na parte proporcional á prestación de servizos do 1 de xaneiro ao 28 de febreiro de 2013 para o persoal laboral das entidades do sector público de Galicia como á totalidade do persoal funcionario, estatutario e laboral do ámbito administrativo, sanitario e do ensino, incluíndo ao persoal das Universidades e tamén a aqueles traballadores do ensino concertado cuxas retribucións veñen determinadas por referencia ao persoal do ensino público.

• A Xunta de Galicia comprométese a tramitar un anteproxecto de lei no actual período de sesións.
• Distribución do pago, o 50% en 2016 e o 50% en 2017”.
Establecendo na exposición de motivos:

• Demanda reiterada dos Sindicatos da Mesa Xeral de Negociación dos Empregados Públicos, e pronunciamentos xudiciais que recoñecen dito dereito a título individual.
• Evitar a obriga de reclamacións individuais, propiciando igualdade de trato no réxime retributivo e tratamento salarial e fiscal homoxéneo para o conxunto dos empregados públicos de Galicia.

CONSIDERACIÓNS PREVIAS:
1.-
Non se respecta o dereito a negociación colectiva, polo prazo de 7 horas hábiles de alegacións escritas, sen previsións de apertura de negociacións sobre as propostas de recuperación de dereitos cernados.
2.- O alcance da restitución unilateral de dereitos laborais e económicos se limita ao concepto retributivo adicional do artigo 12.3 da Lei 14/2006, na parte proporcional á prestación de servizos do 1 de xaneiro ao 28 de febreiro de 2013, e se agrava dita limitación coa aplicación distribuída ao 50% en 2016 e 2017.
3.- Exclúe ao persoal de Xustiza
4.- A discriminación do persoal da Xunta de Galicia co resto do Estado, máxime cando o Goberno galego presume de recuperación económica e dunha economías mellor posicionadas en España. 5.- A tramitación do Anteproxecto de Lei neste período de sesións, non impide a obrigada e debida negociación a restitución completa de dereitos usurpados xustificada, solicitada polas Organizacións Sindicais non incluídos na Proposta da Xunta. 

A FeSP-UGT ESIXIMOS

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA