Menú

Publicaciones

Error: No articles to display

UGT esixe ao SERGAS que estabilice as prazas vacantes cubertas de xeito irregular (3)

 

 

As organizacións sindicais CIG-SAÚDE. CSIF, SATSE e UGT con representación na mesa sectorial do SERGAS, e coma garantes de que todas/os as/os traballadoras/es accedan ao sistema público cos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, queremos denunciar o interese do SERGAS en manter a precariedade laboral e afondar na vulneración dos dereitos das/os traballadoras/es.

Por iso, demandados do SERGAS que de inmediato convoque a mesa sectorial para que emerxan todas as prazas vacantes, cubertas con persoal eventual, 

para que estas se oferten por rigoroso orde de puntuación nas listas de contratacións. Con posterioridade estas prazas serían ofertadas nun concurso de traslados e a OPE.

Queremos lembrar que as traballadoras/es acceden a listas de contratación polo seu esforzo e méritos, e así conseguen ter un posto nelas. Esforzo de ter superado máis dun proceso de OPE, anos de experiencia laboral con contratos precarios, e formación continuada, que engade valor ao traballo que  desenvolve.

Este sistema regrado non se pode substituír por un sistema de contratacións en  fraude de Lei, nin estas prazas se poden cubrir a base de sentencias xudiciais.

As Organizacións Sindicais ESTAMOS OBRIGADAS a defender os dereitos xerais de todas/os as/os traballadoras/es, e non fomentar practicas irregulares para incrementar a nosa afiliación.

Mobilízate  que ninguén xogue co teu esforzo.

Concentracións xoves  20 de outubro de 2016

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA