"Non á precariedade laboral" ou "Por un emprego digno, por unha sanidade de calidade" son algúns dos lemas que presidían as concentracións celebradas hoxe en diferentes hospitais de toda Galicia. Nestas mobilizacións -convocadas por FeSP-UGT, CIG, SAE, SATSE e CSI-F- oa traballadores e os seus representantes sindicais solicitan á Xunta que emprenda medidas para solucionar este problema, "non podemos permitir que sexa a xusticia a que actúe", indicou o secretario do sector de Sanidade de FESP-UGT, Javier Martínez..
Ademais, o próximo día 28 de outubro estas organizacións sindicais concentraranse ante o Sergas para solicitar unha reunión co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, para tratar sobre este asunto.