Menú

Publicaciones

Error: No articles to display

Concentración ante a Consellería de Sanidade en contra da precariedade laboral no Sergas

Continúan as mobilizacións contra a precariedade laboral no Sergas e solicitando que se estabilicen as prazas cubertas de forma irregular. Desta forma, hoxe celebrouse unha concentración ante a Consellería de Sanidade convocada por FeSP-UGT, CIG, SAE, SATSE e CSI-F, en defensa da sanidade pública.

Os sindicatos solicitan un sistema regrado para as contratacións, e poñer fin as fórmulas de contratación en fraude de lei que se están a utilizar tal e como certificou o Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Desta forma, esixen a cobertura de todas as prazas vacantes con persoal temporal e a oferta das prazas seguindo as listas de contratacións e a orde de puntuación.

O responsable de FeSP-UGT Sanidade, Javier Martínez, insistiu na necesidade de que "todas as prazas que son estructurais se estabilicen". Para tratar sobre todos estes asuntos, as organizacións solicitaron unha reunión co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e insisten na necesidade de convocar a Mesa Sectorial.

 

 

 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA