Menú

Publicaciones

Error: No articles to display

Campaña de UGT "Yo trabajo gratis" contra a brecha salarial home-muller

UGT denuncia un ano máis que a brecha salarial en España, segundo datos de Eurostat, sitúase no 14,9% o que supón que as mulleres no noso país traballan gratis unha media de 54 días (case dous meses). Para poñer de manifesto esta realidade, o sindicato iniciará unha campaña, co lema #YoTrabajoGratis, que se desenvolverá do 8 de novembro ata o 31 de decembro, o período de tempo no que as traballadoras españolas regalan o seu traballo. Esta campaña, emprendida pola confederal, desenvolverase en todo o Estado español.
 
UGT advirte de que as discriminacións no emprego que soportan as mulleres -acceso ao mercado de traballo, modalidades de contratación, duración da xornada, interrupcións de carreira para o coidado de familiares, etc- prexudícanlles economicamente ao longo de toda a vida acentuándose á hora da xubilación. Os últimos datos da EPA, ademais, mostran o empeoramento da situación das mulleres no mercado laboral e o incremento das desigualdades polo que reclama a aprobación urxente dunha Lei de Igualdade Salarial e esixe ao novo Goberno que adopte as medidas necesarias para facer fronte a esta discriminación.
 
Segundo os últimos datos de Eurostat, a fonte estatística da Unión Europea, publicados en outubro deste ano, a brecha salarial -a diferenza de salario entre mulleres e homes- en España sitúase en 14,9% salario/hora polo que traballan unha media de 54 días gratis cada ano (en Europa está en torno ao 16,7% salario hora), polo que as mulleres traballan de media 54 días gratis cada ano, case dous meses.
 
A muller sofre discriminación no acceso ao emprego, nas modalidades de contratación, na duración da xornada, nas interrupcións de carreira para o coidado de familiares e, todas elas acentúan a súa precariedade tras a xubilación.
 
Segundo os datos da Enquisa de Estrutura Salarial de 2014, últimos datos oficiais que coñecemos, dados a coñecer en outubro deste ano, a diferenza dos salarios medios brutos anuais entre mulleres e homes sitúase nun 23,25% mentres que a diferenza de salario hora é dun 14%. Mentres que eles percibiron, de media, 25.727,24 euros anuais, as mulleres recibiron 19.744,82.
 
 
Unha situación que, lonxe de mellorar, co tempo empeora
 
Os datos da Enquisa de Poboación Activa do terceiro trimestre de 2016 poñen de manifesto o empeoramento da situación das mulleres no mercado laboral e o incremento das desigualdades: Mantense a brecha de xénero no desemprego pero crece a brecha de xénero no emprego xa que descende a taxa de actividade feminina e a ocupación aumenta máis entre os homes que entre as mulleres.
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA