Os sindicatos con representación no sistema sanitario galego comezarán o luns 6 unha recollida de sinaturas, ata o martes 14, para esixir a recuperación salarial e a mellora das condicións laborais dos traballadores do Sergas. Así o anunciaron este mércores en rolda de prensa en Santiago, antes de avanzar que, ante a negativa da Xunta para negociar estes aspectos, as mobilizacións intensificaranse despois do verán.
Os representantes sindicais explicaron que a reunión co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuína, foi frustante e por iso inician as mobilizacións para recuperar o perdido.