Menú

Publicaciones

Error: No articles to display

FeSP-UGT Galicia denuncia que botan a unha hospitalizada do Clínico de Santiago coa ameaza de que senón lle cobran a habitación

FeSP-UGT Galicia denuncia o overbooking existente na sanidade pública que leva a “botar” dos hospitais a persoas ingresadas para operacións previstas coa ameaza de “senón marcha, se lle vai cobrar a habitación”.
 
Esta foi a situación que viviu estes días unha muller que foi ingresada no Hospital Clínico de Santiago o martes para unha operación prevista para o mesmo día. Finalmente a intervención non se realizou e se lle di que debe abandonar o hospital. A enferma insiste en que non se vai de alí ata que se lle realice a operación, senón puido ser nese día, ao día seguinte. Ante a negativa, acode á habitación ao día seguinte, unha persoa que non se identificou que lle di que senón abandona á habitación terá que pagala, ameaza que obriga á esta enferma a deixar o hospital en contra do seu desexo.
 
Este sindicato entende que pode haber situacións de emerxencia que provoquen o retraso dunha operación pero o que non ten explicación e que “non se poda recolocar esa operación pola tarde ou ao día seguinte. Iso é un síntoma dun erro na programación prevista e, por tanto, a xerencia do centro é responsable do mesmo”.
 
FeSP-UGT Galicia non pode entender que unha usuaria da sanidade pública sexa ameazada para obrigala a abandonar o centro hospitalario por un problema de “overbooking, como nunha compañía aérea”. 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA