Menú

Publicaciones

Error: No articles to display

FeSP-UGT ASINA A POSTA EN MARCHA DOS INCREMENTOS RETRIBUTIVOS DE CARREIRA PROFESIONAL PARA O PERSOAL DO SERGAS

O sector de Sanidade de FeSP-UGT Galicia asinou hoxe na mesa sectorial de Sanidade o acordo para a posta en marcha dos incrementos retributivos da Carreira Profesional para todo o persoal do Sergas, que foran suspendidos no ano 2010 na Xunta de Galicia de forma unilateral.
 
Esta organización sindical mantívose firme ata conseguir un acordo que desbloquea a Carreira Profesional, dando continuidade ao réxime extraordinario e iniciando o réxime ordinario.
 
As principais melloras do acordo acadado son as seguintes: 
 
1. Que o persoal con praza en propiedade ou interino que acredite como mínimo un ano de permanencia no grao anterior poida acceder ao seguinte grao.
 
2. Persoal interino ou propietario que non teña recoñecido ningún grao e acredite como mínimo 5 anos de servizo e un ano como persoal estatutario fixo, poderá acceder ao 1º grao en 2018, con efectos retributivos do 60% en 2019 e 100% en 2020.
 
3. Persoal propietario antes de novembro de 2011, quedará exonerado da permanencia no último grao e poderá acceder a un novo grao en 2020, con efectos económicos do 2021 e 2022.
 
4. Redúcese a duración da carreira en 1 ano para todas as categorías profesionais.
 
5. persoal interino poderá acceder á carreira profesional solicitando o grao inicial no ano 2018, con efectos económicos no ano 2023 (cando cumpran os 5 anos de permanencia).
 
 
 
As contías por grao en retribucións complementarias son:

Persoal licenciado sanitario

2.937,84 €

Persoal diplomado sanitario

1.836,24 €.

Persoal sanitario de formación profesional e persoal de xestión e servizos.

 

A1

2.364,96 €

A2

1.655,04 €

C1

1.067,40 €

C2

905,88 €

E (agrupacións profesionais)

732,12 €

 

Ademais todo o persoal do SERGAS percibirá un incremento na súa nómina de xaneiro a xuño do 1,50% e do 1,75% de xullo a decembro, froito dos acordos que este sindicato asinou a nivel estatal o 1 de marzo de 2018, quedando á espera de que, tal e como contempla este acordo estatal, no último trimestre do 2018 fágase efectiva a recuperación do 100% do salario nas situacións de incapacidade temporal.
 
Para dar continuidade a esta negociación FeSP-UT Sanidade considera imprescindible a aplicación no SERGAS dos acordos relativos á estabilidade e creación de emprego que permitirían acabar coa precariedade e a temporalidade mellorando a calidade do servizo que se presta aos cidadáns. 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA