Menú

Publicaciones

Error: No articles to display

FESP-UGT GALICIA APOIA A FOLGA DO 061 POLO TRASLADO DO SERVIZO DENDE SANTIAGO Á ESTRADA SEN UNHA COMPENSACIÓN XUSTA

O sector de Sanidade de FeSP-UGT Galicia apoia a folga do 061 polo traslado do servizo dende Santiago a A Estrada, sen recibir unha compensación xusta para os traballadores. A folga, secundada polo persoal estatutario e tamén polos traballadores de Grupo Norte, subcontrata de operación telefónica do 061, comezará o vindeiro día 1 de agosto. FeSP-UGT apoia estas demandas porque esta decisión unilateral leva consigo unha merma salarial de ata un 15% nalgúns traballadores.
 
Por parte da Xunta de Persoal do 061 reclámanse unhas medidas que axuden os traballadores a reducir o quebranto dun traslado de 30 quilómetros a outra provincia. Este quebranto é económico e de tempo porque os traballadores teñen que estar unha hora máis na estrada, sen contar o risco que isto supón para os accidentes in itinere. A proposta da Administración dista moito de paliar todos estes quebrantos.
 
FeSP-UGT considera un trato inxusto e intolerable o transcurso deste traslado. A dirección do 061 estivo negando as evidencias ata o último momento, non houbo nin información nin consulta deste traslado aos representantes dos traballadores ata que o edificio xa estaba rematado.
 
O resultado son unhas instalacións que non melloran en nada as condicións dos traballadores do 061, mentres que os traballadores do 112 están nunha sala de 80 traballadores cando só están 8 por quenda. Na última reunión facilitouse un cronograma cheo de imprecisións e vaguedades que non garanten un traslado cun mínimo de garantías.
 
Os representantes sindicais remitiron unha carta aos traballadores dos servizos de atención ás emerxencias e urxencias de Galicia, así como ás distintas asociacións, colectivos e entidades profesionais da sanidade e doentes que se poidan ver afectados. Con esta carta solicitamos a súa comprensión, apoio e colaboración para que a calidade do servizo do 061 siga contando co respecto e consideración de todos os cidadáns e non se vexa prexudicado por decisións unilaterais e arbitrarias da Xunta.
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA