Menú

Publicaciones

Error: No articles to display

A FOLGA DO PERSOAL ESTATUTARIO DO 061 COMEZARÁ O 1 DE AGOSTO

Non hai acordo para evitar a folga do persoal estatutario do 061 polo traslado forzoso do servizo, dende Santiago á Estrada, sen unha compensación xusta.
 
A folga comezará o vindeiro 1 de agosto xa que a oferta da Xunta de Galicia ás reclamacións dos traballadores non da solucións ós graves prexuízos que lles ocasiona o traslado do seu posto de traballo a máis de 30 quilómetros do actual.
 
Prexuízos dun traslado forzoso
 
Entre os principais prexuízos que ocasiona este traslado forzoso hai que contar:
 
• Máis de 60 quilómetros diarios de condución.
• Unha hora e cuarto diaria de desprazamento, en condicións normáis de tránsito.
• A repercusión dese tempo engadido a xornada laboral na conciliación da vida familiar.
• Os custos en recursos de mobilidade (combustible, amortización do vehículo, etc.)
• O risco de sinistralidade que leva aparellada o número de quilómetros anuais que se derivan do traslado forzoso.
 
A oferta feita pela Administración non compensa, nin de lonxe, os custes materiais do traslado forzoso, e non teñen en consideración os outros prexuízos inmateriais que repercuten nas condicións de vida das traballadoras e traballadores. Por todo elo vémonos forzados a manter a convocatoria de folga.
 
Servizos mínimos abusivos
 
A resposta da Xunta de Galicia foi o establecemento duns servizos mínimos do 100%, que na práctica supón a negación do dereito de folga. Existe xurisprudencia da Sala do contencioso do Tribunal Supremo, que establece que é desproporcionado fixar uns servizos mínimos do 100%, incluso si se trata dun servizo de urxencias e sintetízase nas seguintes ideas:
 
• A existencia dun servizo mínimo esencial non constitúe por si soa unha razón suficiente para o establecemento dos servizos mínimos do 100%
• Non cabe fixar os servizos mínimos nun 100%, incluso no ámbito das urxencias, pois iso equivale a cercenar o exercicio do dereito a folga.
• Alcanzar o nivel de rendemento habitual equivale a impedir o dereito a folga.
 
Estas consideracións puxéronse en coñecemento da Administración nas alegacións presentadas polo comité de folga, sen obter resposta algunha a poucas horas do inicio da folga o vindeiro 1 de Agosto. Unha mostra máis de falta de consideración cara ós traballadores, consonte coa actitude da Administración en todo o proceso de toma de decisións sobre a conveniencia ou non do traslado, e das condicións en que debe facerse para que supoña unha mellora na prestación do servizo. Unha mellora que a dia de hoxe, coas condicións coñecidas non queda garantida.
 
Benvidas ó acordo co persoal laboral
 
Alegrémonos do acordo acadado entre os compañeiros laborais e a Xunta de Galicia sobre as súas condicións do seu traslado, e lamentamos que non teña a mesma sensibilidade cara a atender as reivindicacións do persoal estatutario do 061, que representa preto do 95% do persoal afectado polo traslado.
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA