Menú

Publicaciones

Error: No articles to display

O COMITÉ DE FOLGA DO 061 ALERTA DO PERIGO QUE PODE SUPOÑER A IMPROVISACIÓN NAS PROBAS CON PACIENTES REAIS REALIZADAS NA NOVA CENTRAL NA ESTRADA

O día 9 de agosto comezaron a facer probas en paralelo entre as dúas centrais do 061. Á Central do 061 trasladouse persoal de diversas categorías para comezar a facer esas probas en paralelo coas dúas centrais. Para levar a cabo as ditas probas con chamadas de urxencias e emerxencias reais non contaron co persoal médico coordinador que é o persoal encargado de xestionar esas chamadas e decidir que recursos públicos se mobilizan. Recordar que esta potestade é propia dos médicos coordinadores. Para facer eses traballos o 061 trasladou ás dependencias da Estrada á xefa de Servizo de Atención ao Usuario, á xefa de Servizo do Transporte Sanitario Urxente e ao director de Coordinación, e foron eles os que se encargaron de realizar a atención das emerxencias e urxencias, tarefa que é propia dos médicos coordinadores, sendo estes os únicos que teñen a habilitación e competencia para desenvolver ese labor.
 
Estas probas estanse a levar a cabo sen un cronograma detallado e sen os recursos humanos destinados para cada unha das tarefas. O comité de folga do 061 alerta de que este comportamento é temerario e pode ocasionar responsabilidades administrativas e incluso penais.
 
Na última reunión coa Xunta de Persoal do 061 facilitouse un cronograma cheo de imprecisións e vaguedades que non garanten un traslado cun mínimo de garantías. Por todo isto, queremos comunicar que se a calidade do servizo da central do 061 se ve minguada non é porque esteamos en folga, pois os servizos mínimos son do 100%, senón que é porque este traslado se está a levar a cabo sen a dilixencia precisa e sen planificación de ningún tipo.
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA