Menú

Publicaciones

Error: No articles to display

Os traballadores do 061 concentraranse mañá 19 de setembro ante a Consellería

Mañá, día 19, a partir das 12.30 horas, está convocada unha concentración fronte á Consellería de Sanidade, en Santiago, polos traballadores do 061 co fin de denunciar a situación que viven e que parece non ter solución tras máis de mes e medio de conflito.
 
No transcurso da concentración está prevista a entrega e rexistro dun escrito, dirixido ao conselleiro Jesús Vázquez Almuíña, no que se pide amparo da Consellería para que se reanuden as negociacións e se poida chegar a un entendemento e solucionar así un conflito que non é bo para ninguén.
 
Os traballadores do 061 non piden gañar máis  nin mellorar as condicións previas ao traslado, só demandan que as condicións laborais e en materia de conciliación da vida laboral e persoal non sexan moito peores que as que tiñan en Santiago.
 
Os traballadores insisten en que o quebranto do traslado á Estrada debe ser o mínimo posible. Os traballadores do 061 non poden ser castigados cun traslado que en nada mellora a calidade do servizo pero si empeora as súas condicións laborais e familiares. 
 
Os traballadores estatutarios do 061 insisten en denunciar que as súas condicións no traslado son peores que as da empresa Telemark e que as que se lle ofreceron aos cinco traballadores laborais.
 
Por todo isto, piden que a Consellería de Sanidade se implique na busca dunha solución á situación.

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA