O Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, acordou ampliar ata o 31 de decembro de 2022 o prazo para obter a acreditación de reunir os requisitos de Titulación ou Certificado de Profesionalidade esixidos para continuar desempeñando as correspondentes profesións. A Administración Autonómica publica a Orde pola que se regulará o procedemento de obtención das HABILITACIÓNS para profesionais pertencentes ás distintas categorías do SAAD, establecendo dúas habilitacións unha EXCEPCIONAL e outra PROVISIONAL, co fin de garantir a estabilidade no emprego de aqueles traballadores e traballadoras que a 31 de decembro de 2017 non tivesen a cualificación requirida.
No Inform-t tedes toda a información ao respecto.