Menú

Publicaciones

Error: No articles to display

Medidas de mellora de emprego e calidade na atención sanitaria

 

Desde hai meses, o persoal de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago vén reclamando da Consellería de Sanidade que se poñan en marcha melloras na dotación de recursos humanos e materiais co fin de mellorar a calidade asistencial e propiciar as condicións dignas dos usuarios e usuarias que desgraciadamente necesitan atención digna e resolutiva. 

 
Esta situación, que ten antecedentes en todos os servizos de urxencia dos Complexos Hospitalarios de Galicia con maior ou menor nivel de conflito, e que se agudiza ciclicamente, como sucede nestes momentos coa epidemia de gripe, pon de manifesto a falta de capacidade de resolución destes servizos que vén tamén determinada pola falta de capacidade de resolución a nivel de Atención Primaria, de Urxencias Extrahospitalarias e mesmo doutros servizos de atención especializada. 
 
A manifesta falta de capacidade de resolución do SERGAS, a todos os niveis, está determinada en parte pola mala xestión pero en gran parte polas políticas de recortes que se veu aplicando nos últimos anos en recursos humanos e recursos materiais. 
 
A pesar da boa evolución macro económica da que presume a Xunta de Galicia, a porcentaxe de PIB Galego dedicado a Sanidade é insuficiente e non converxe coa media da UE, o que demostra a falta de vontade política para aumentar a capacidade de resolución no Sergas a todos os Niveis. 
 
Aos avances retributivos e dereitos alcanzados polo noso sindicato en desenvolvemento do Acordo Estatal de Mellora de Emprego, fai imprescindible que o devandito Acordo se cumpra tamén en materia de recuperación de emprego con ofertas de emprego público que atendan a necesaria creación de prazas e estabilización do emprego precario, que permitan mellorar a dotación de recursos humanos. 
 
O Comité Nacional considera imprescindible restituír o Dialogo Social no ámbito do Sergas e ampliar as materias de negociación colectiva para que, integrando as nosas propostas, podamos avanzar en solucións de mellora de emprego e condicións laborais e mellora do servizo e calidade da atención á cidadanía. 
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA