Menú

Publicaciones

Error: No articles to display

Folga de ambulancias: Por un convenio digno

Persoal do transporte sanitario manifestouse hoxe en Santiago de Compostela reivindicando un convenio digno e un servizo público de calidade. Baixo o lema 'Por un convenio digno e un servizo público de calidade. Ambulancias en loita', centenares de traballadores -convocados por UGT, CC.OO e CIG- percorreron as rúas de Santiago desde a Praza Vermella ata San Caetano.

Óscar Vázquez,  de UGT, explicou aos medios de comunicación que reclaman "un convenio tras tres anos sen convenio" porque "xa é hora". "Facemos responsable desta situación á patronal, por ir á baixa nuns concertos que agora din que non dan para cumprir o convenio. Facemos responsable á Consellería porque é a responsable última destas concesións", manifestou. E que dende os sindicatos se pide a implicación da Xunta neste conflito por ser responsable das concesións.

A Consellería, que ata esta semana estivo ao marxen indicando que era un problema entre empresa e traballadores, convocou as dúas partes a unha reunión, que terá lugar o venres en Santiago.

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA