Menú

Publicaciones

Error: No articles to display

O TSXG FALLOU A FAVOR DA UGT NA RECLAMACIÓN DO COMPLEMENTO ESPECÍFICO DAS FISCALÍAS

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fallou a favor da UGT na reclamación do complemento específico das fiscalías, nunha sentencia que é firme e suporá o cobro de atrasos de 40 meses para todos os funcionarios da oficina fiscal de Galicia.
 
Manuel Díaz Mato, delegado de Santiago do sector de Xustiza de FeSP-UGT Galicia, informou hoxe en rolda de prensa sobre a devandita sentencia e explicou que o problema xurdiu hai catro anos: “Cando se negociaron as relacións de postos de traballo da nova Oficina Fiscal de Galicia no ano 2015, UGT defendeu en solitario na mesa de negociación que a Lei establecía a obrigación de valorar os postos de traballo e negociar o complemento específico correspondente a cada un deles. A escasa capacidade de xestión da Dirección  Xeral de  Xustiza e o nulo talante negociador do conselleiro Alfonso Rueda provocaron que UGT acudise aos tribunais para defender os dereitos dos funcionarios e funcionarias das Fiscalías de toda Galicia”.
 
Agora chegou a sentencia favorable na que se indica que “a Xunta incumpriu a normativa que regula o complemento específico, e anulando a Relación de Postos de Traballo da Nova Oficina Fiscal de Galicia no relativo á determinación do citado complemento”. 
 
UGT xa solicitou a execución desta sentenza, que é firme, e que obrigará á Xunta de Galicia a pagar os atrasos de polo menos 40 meses ao redor duns 150 funcionarios, cos correspondentes intereses legais.
 
Díaz Mato asegurou que “UGT acudiu e seguirá acudindo aos tribunais para defender os dereitos dos empregados e empregadas públicas ao servizo da administración de xustiza, que seguen sendo vulnerados sistematicamente desde a Consellería de Presidencia,  Administracións Públicas e  Xustiza, dado que resulta imposible facelo a través dos mecanismos normais de negociación establecidos na Lei”.
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA