Menú

Publicaciones

Error: No articles to display

FeSP-UGT DENUNCIA A SITUACIÓN NO CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE DE SARRIA POR MOR DA APARICIÓN DO COVID-19

FeSP-UGT solicita a intervención urxente da Consellería de Política Social no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria, unha vez confirmado que unha persoa traballadora deste centro padece a infección do COVID-19, e considerando a práctica imposibilidade da prestación do servizo mantendo as distancias que eviten a propagación do mesmo, tanto a residentes como aos traballadores e traballadoras.
 
UGT solicita a urxente necesidade de proceder á realización do test de contraste da infección a todo o persoal e residentes a fin de tomar as medidas necesarias de illamento que sexan precisas, así como a dotación urxente de medios a todo o persoal para poder prestar asistencia coas adecuadas medidas de asepsia e profilaxe que o asunto require.
 
Pero este problema va máis alá deste centro en concreto. UGT considera que os acontecementos denotan a necesidade dunha actuación rápida e contundente en todos os centros da Consellería, nos que é impensable o seu funcionamento sen uns efectivos debidamente protexidos. UGT insta á Consellería de Política Social a que teña en conta que as características dos usuarios, especialmente os residentes discapacitados, demandan unha atención continuada do persoal para todas as actividades e rutinas da vida diaria, que necesitan dunha atención próxima que impide gardar ningunha distancia de seguridade nin entre eles mesmos nin tampouco cos traballadores.
 
UGT reclama á Consellería de Política Social que sexa consciente do risco vital ao que ten expostas todas as persoas que habitan e traballan neste centro e no resto, para que se tomen extremas medidas de precaución dada a limitada capacidade de colaboración dos usuarios, con carácter xeral.
 

 

SÍGUENOS EN FACEBOOK


ÚLTIMOS TWEETS

      

      

IR ARRIBA