Publicación da RPT da Consellería de Medio Rural

Publicación da RPT da Consellería de Medio Rural
0
0
0
s2smodern

 

Publícase hoxe en DOG a Resolución que contén a modificación da RPT da Consellería do Medio Rural.

 

UGT VOTOU EN CONTRA PORQUE SOLICITABAMOS:

-       Brigadas helitransportadas: Recuperación do servizo público externalizado, pasando a ser desempeñada a prestación con persoal propio.

-       Persoal Fixo-descontinuo de 9 meses: a conversión das prazas do persoal de 9 meses en 12.

-       Persoal de reforzo de verán: aumento progresivo do tempo de traballo ata chegar os 9 meses mínimo.

-       A creación de prazas na categoría de emisorista nos CCD,CCP,CCC.

-       Homologación dos pluses no persoal dos viveiros e que aparezan en RPT

-       Revisión do plus de responsabilidade do persoal do SPIF, en atención ás competencias, funcións e tarefas asumidas nos postos de traballo.

-       Inclusión do persoal AAFFMM de Lourizán no Acordo que implica a suba de niveis.

-       Grupo B: é preciso recordar a proposta realizada por UGT sobre a cuestión, máxime cando o Goberno do Estado acaba de responder sobre esta materia, en días pasados, ao Grupo Parlamentario Socialista, concretando que é materia de desenvolvemento normativo autonómico, tal e como UGT mantén.

 

Procede, polo tanto neste punto dar traslado da resposta remitida polo Goberno do Estado e que citamos literalmente que concreta que: “ao respecto da ordenación do emprego público, así como ao sistema de estruturación do mesmo en corpos, escalas, etc., o TREBEP pretende ser respectuoso coas competencias lexislativas das Comunidades Autónomas, e coa autonomía organizativa destas e das Administracións locais.

 

A estrutura que dispón o TREBEP require de leis de desenvolvemento, tanto para o persoal ao servicio do Estado como para o persoal ao servicio das Comunidades Autónomas e as entidades locais. A norma haberá de ser desenvolta tanto polo lexislador estatal (para o persoal que traballa directamente para a Administración do Estado) como polo lexislador autonómico, que no ámbito das súas respectivas competencias terán que aprobar ou modificar as leis de función pública das súas respectivas Administracións. Así o dispón o artigo 6 do TREBEP”.

 

Procedía que desde a Consellería instara a Función Pública a que os colectivos que teñen creada na LEPG a súa escala no Grupo B, se lles configurasen os procedementos necesarios para a súa implementación, referíndonos ás de Axentes Medioambientais e Xefes de Brigada.

 

A maiores do anterior, estamos en contra de:

o   Amortizacións realizadas sobre postos de BBFF.

o   reubicación da praza de Axente Territorial do Distrito III para o IV.

o   Apertura de prazas de persoal funcionario a outras administracións.

o   abandono e desmantelamento das Oficinas Agrarias Comarcais.

o   Que non teñan un tratamento específico e diferenciado os postos dos centros de formación, atendendo ás súas especifidades e necesidades.

 

A publicación no DOG.

 

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".