Reunións proposta de modificación parcial da RPT da Consellería de Emprego e Igualdade

Reunións proposta de modificación parcial da RPT da Consellería de Emprego e Igualdade
0
0
0
s2smodern

 

Os días 8 e 13 de xullo tiveron lugar dúas reunións, coa subdirectora xeral de Réxime Xurídico e RRHH e có xefe de servizo de RRHH, nas que se presentou unha proposta e se analizaron ás alegacións achegadas polas OOSS, sobre a modificación parcial da RPT da Consellería de Emprego e Igualdade.

 

Dende UGT presentáronse alegacións á proposta da Consellería, incidindo na necesidade de abordar unha negociación para a revisión total da RPT, e non só tratar pequenos cambios, que basicamente afectan á amortización de postos base para a creación de xefaturas de sección e outros postos de maior nivel.

 

En concreto, solicitamos:

- Dar cobertura inmediata ás prazas vacantes, ben por xubilación ben por outro tipo de situacións, así como, coñecer a postura da Administración ao respecto do importante número de prazas vacantes que se verán afectadas pola xubilación das persoas que as ocupan, nos vindeiros meses, e que poden estar incluídas nos procesos de funcionarización que están en marcha.

- Coñecer a adscrición provisional, con obriga de concursar, que se realizará das persoas que ven amortizadas as súas prazas en propiedade, aínda que na actualidade atópanse noutros destinos e, como se nos di, conten có consentimento das afectadas.

- Incorporar como mérito a experiencia en formación ocupacional, para o acceso aos postos das Xefaturas de Formación e Colocación, aos que deben de poder acceder o persoal que traballa en formación; persoas da escala especial de formación ocupacional transferidos do INEM como técnicos de seguimento de cursos; instrutores de formación ocupacional, directores de centros de formación ocupacional e secretarios e xefaturas de estudos dos centros. A alegación foi aceptada pola Consellería, incluíndo como mérito específico “experiencia en formación e colocación”.

- Realizar unha revisión e adaptación dos postos e das necesidades de cobertura dos mesmos nas distintas Oficinas de Emprego de Galicia. Urxe acometer unha análise pormenorizada dos postos, cualificacións e cometidos a desenvolver, así como, realizar unha planificación para a cobertura das múltiples necesidades e carencias observadas nas distintas Oficinas de Emprego, en particular nas que teñen un maior número e peculiaridades de persoal demandante no seu ámbito de actuación.

- Información ao respecto da situación na que se desenvolverá o servizo de orientación laboral unha vez rematados os contratos temporais do persoal que ocupa estes postos, no vindeiro mes de novembro de 2021. Tendo en consideración o compromiso adquirido pola Consellería na última negociación de modificación de RPT requirimos, segundo as necesidades detectadas, que as Oficinas de Emprego sexan dotadas de prazas estruturais que desenvolvan as competencias de orientación de emprego.

- Finalmente, os representantes da Consellería indicaron, de acordo á petición realizada por UGT, que o máis asiña posible abordarase unha revisión completa da RPT.

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".