Proceso selectivo escala superior de Finanzas (subgrupo A1) OPE 2018: Convocatoria elección destino provisional

Proceso selectivo escala superior de Finanzas (subgrupo A1) OPE 2018: Convocatoria elección destino provisional
0
0
0
s2smodern

 

Publicada, hoxe en DOG, a Resolución de convocatoria para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo. Por medio da que:

 

− Publícase como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que son convocadas á elección de destino provisional.

− Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II da resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas do subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II da resolución.

 

Procedemento:

− Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

− No prazo máximo de 2 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

− Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de 5 días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

− A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos»

 

Ás persoas aspirantes que:

− non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou

− seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino ou

− non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución.

 

Seranlles adxudicados en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".