EGAP - Deputación de Ourense: Convocatoria de cursos para o persoal da Admón. Local en Galicia

EGAP - Deputación de Ourense: Convocatoria de cursos para o persoal da Admón. Local en Galicia
0
0
0
s2smodern

 

Publicada hoxe en DOG a Resolución de convocatoria das actividades de formación para o persoal da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia, por medio do Convenio de colaboración subscrito entre a EGAP e a Deputación Provincial de Ourense

 

REQUISITOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES.

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución:

  • Persoal empregado público ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea prestando servizos noutras administracións públicas de Galicia
  • Que se encontre en situación de servizo activo (incluído o permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou a excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

 

DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN.

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para estas actividades se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web:

                                                      Portada :: EGAP (xunta.gal)

 

SOLICITUDES.

− Prazo de presentación:

  • Dende o 15 ata o 22 de setembro de 2021.

− As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo:

− Desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.

 

CURSOS.

− Básico de aplicacións informáticas de tratamento de textos: Microsoft Word (Código: CV21074)

− Sistema operativo e busca de información: internet/intranet e correo electrónico. Windows.(Código: CV21075).

 

Podes consultar a Resolución no enlace:

 

 

volver arriba

Coñecenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".